Temporalis é unha aplicación que axuda a implantación de un banco de tempo no concello de Santiago.
Que é un banco de tempo?
Un banco de tempo é un concepto no que persoas ofrecen servizos, coñecementos ou habilidades en intercambio por outros servizos coñecementos ou habilidades, dentro dunha relación na que o económico desaparece e a medida do valor de todo o achegado é o tempo que se invirte. Cada servizo, coñecemento ou habilidade intercambiada ten o mesmo valor, medido en unidades de tempo, independentemente de que o doante sexa un principiante ou un experto. Os intercambios desta maneira realmente o que premian é a solidariedade entre os integrantes do banco de tempo.
Como axuda Temporalis a axilizar esta iniciativa?
Fomentando a comunicación entre as persoas que queiran facer uso do banco de tempo e xestionando o mesmo mediante a creación de ofertas e demandas que precisen os usuarios. Cada usuario disporá de unha "conta de tempo" na que se lle irán sumando e restando horas en función do interese no ofertado ou demandado.
Actualmente unha vez descargado o repositorio podemos abrilo con Android Studio e se temos algún AVD descargado, ou un terminal móbil conectado podemos lanzar a aplicación a cal se instala automáticamente en este.
Na imaxe podemos observar o AVD sobre o que se lanzará, Nexus One API 27 neste caso , e o botón de Start para lanzar a app.Nun futuro a aplicación poderase descargar da Play Store de Google e da aplicación para descargas Open Source F-Droid.
Ao lanzar a aplicación veremos unha pantalla de Login desde a cal poderemos entrar na aplicación co nome de usuario e o contrasinal e tamén poderemos entrar desde aquí a unha pantalla de rexistro, para gardar ao usuario que usará a aplicación. Ademais nesta pantalla contaremos con unha opción para entrar noutra interface na que se pode recuperar o nome de usuario e contrasinal no caso de que se lle esquecese ao usuario.
Unha vez dentro da app poderemos acceder ás ofertas e as demandas que hai rexistradas na BD.- É nesta pantalla onde poderemos clickar no botón de Crear Oferta ou Demanda (dependendo da pantalla na que nos atopemos) para poder rexistrar un novo Servizo.

O usuario pode entrar desde o menú ás ofertas e demandas creadas por el e borralas e editalas se así o desexa. Se as borra ou edita mandaráselles un correo de aviso aos usuarios que aceptaran esta oferta.
Existe tamén no menú un apartado para ver as ofertas e as demandas que o usuario aceptou e, se así o decide e antes de que chegue a data e a hora do servizo, poderá cancelalo e enviaráselle un correo de aviso ao usuario que o creou. Ademais desde este, se pinchamos no usuario que o creou neste caso, abrirase un pop-up para poder enviarlle un correo, ou chamalo ou enviarlle unha mensaxe se este ten o seu teléfono rexistrado.
Unha vez pase o tempo do servizo aparecerá un botón para pagar as horas empregadas.![]()
Tamén no menú hai unha pestana de Perfil, na cal o usuario pode entrar a consultar o seu saldo de horas e modificar, se así o desexa o seu perfil de usuario.
Actualmente estudando Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
Como tecnoloxías que máis domino:
- Java, Python.
- HTML, CSS, XML, Bootstrap.
- MySQL, PostgreSQL, Microsoft SQL, MongoDB, MariaDB.
- Odoo, Git, LXC, Docker
Decanteime por este proxecto porque quería crear unha app que se centrase nas persoas e nos seus intereses e necesidades e que non estivera centrado nun único servizo. Un banco do tempo é a iniciativa que cumple con estos requisitos, e unha app que xestione un é unha boa idea para esto.
Contacto:
- Correo-e: braisterbutalino@gmail.com
- GitHub: https://github.com/braisab
- Anteproyecto
- 1.1. Idea
- 1.2. Necesidades
- Análisis
- Planificación
- Diseño
- Implantación
Pódese contribuir co desenvolvemento da aplicación no seguinte enlace:
https://github.com/braisab/Temporalis





