Exercicios para practicar comandos en batch.
Velaí vai unha ristra de scripts para practicar os comandos que xa coñecemos. A idea é que eu poño as liñas comentadas do que debe facer o script e vós ides enchendo.
Aquí contamos como se organiza o repositorio e a proposta de traballo.
Este repositorio é unha das actividades que facemos en clase de Sistemas Operativos Monoposto do ciclo medio SMR.
No blog da asignatura falamos de comandos batch en: irocho.wordpress.com
Temos un repositorio cuspidiño a este de comandos en bash
Algunhas anotacións dos contidos da asignatura SOM e como se foi facendo ese repositorio en Jekyll